xoves, 19 mai 2005
O Concello asinou un convenio coa Asociación de Xordos poñendo a súa disposición un intérprete da linguaxe de signos para que os discapacitados auditivos poidan participar en calquera actividade formativa ou de lecer organizada pola concellería de Participación Cidadá ou calquera das asociacións de veciños e culturais da cidade.
xoves, 12 mai 2005
Coa finalidade de ampliar as prestacións a cidadanía no Centro Cívico de Teis a concellería de Participación Cidadá en colaboración coa concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, ten instalado un "Punto de Información Multimedia (PIM) de emprego".
martes, 10 mai 2005
O obxectivo desta agrupación refundada a finais do ano pasado é o de realizar unha serie de conferencias divulgativas de iniciación á ópera en diversos barrios e parroquias da cidade. A primeira será esta noite a partir das 20 horas no Centro Cívico de Teis,á que asiste a concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias.
luns, 2 mai 2005
A Concellería de Participación Cidadá vai desenvolver unha campaña para dar a coñecer as novas tecnoloxías e fomentar o seu uso por parte de todos os cidadáns. A campañá contará cunha aula móbil e outra fixa, nas que se prestará especial atención aos colectivos con máis dificultades de acceso ás novas tecnoloxías.
xoves, 28 abr 2005
O centro de Internet de Candeán bota a andar coa presenza da concelleira de Participación Cidadá,Marta Iglesias, e a intención de achegar as novas tecnoloxías a esta parroquia, cunha conexión en banda ancha de 2 Mbps e unha pequena ciberárea.
mércores, 27 abr 2005
A concelleira de Participación Cidadá, Marta Iglesias, abriu as VIII Xornadas de Xuventude e Iniciativas de Emprego. Segundo Marta Iglesias, estas Xornadas servirán para que os mozos coñezan, antes de se incorporaren ao mercado laboral, os recursos que lles ofrece a administración.
mércores, 13 abr 2005
A Guía é unha iniciativa do Centro de Saúde de Teis e levada a cabo polo Plan Comunitario que conta co financiamento da concellería de Participación Cidadá. A Guía de actividades e recursos para persoas maiores trata de evitar a marxinación do amplo colectivo de maiores xubilados que viven neste barrio.
luns, 11 abr 2005
A Asociación de Voluntarios de Internet de Galicia (AVI Galicia) presentouse no Concello coa vontade de ser "a Cruz Vermella das novas tecnoloxías" e contribuír así a "reducir a brecha tecnolóxica" entre a nosa comunidade e o conxunto de España e Europa.
mércores, 6 abr 2005
A concelleira de Participación Cidadá, Réxime Interior e Benestar Social, Marta Iglesias, reunirase mañá día 7 de abril ás 17:30 con todas as asociacións de estranxeiros presentes en Vigo. O encontro ten como obxectivo coñecer as necesidades e avaliar as posibles achegas do colectivo de inmigrantes e emigrantes retornados para facilitar unha maior integración.
mércores, 30 mar 2005
A páxina web do Concello conta cun novo servizo chamado Carpeta do Cidadán, por medio do cal os vigueses poden realizar trámites e consultas e axilizar así as súas relacións con esta institución.