Técnicos forestais seguen a avalar o bo estado de conservación do olivo do Paseo de Alfonso

venres, 4 out 2013

Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Parques e Xardíns e técnicos municipais, presenciou esta mañá a retirada de gallos do olivo do Paseo de Alfonso que serán tratados en Córdoba para entregar, como o ano pasado, aos galardoados como vigueses distinguidos. Por outra banda, os técnicos forestais valoran a posiblidade de ampliar o alcorque para que o olivo dispoña de máis osixenación. O goberno local practica ao olivo do Paseo de Alfonso tomografías anuais para controlar o bo estado de conservación da árbore.

Técnicos forestais ratifican o bo estado de conservación do olivo do Paseo de Alfonso

martes, 26 mar 2013

O alcalde avanzou hoxe martes que técnicos forestais que revisaron o estado de conservación do olivo do Paseo de Alfonso auguran alomenos outros cen anos de vida para esta árbore, coñedidos os resultados da tomografía que se lle acaba de practicar. Caballero anunciou que o Concello vai prantar gallos deste exemplar no vivieiro do Castro para, máis adiante, plantalos en zonas emblemáticas da cidade.