Escoitar

Caballero invita a todo Vigo a visitar a remodelación o entorno de O Castro

O alcalde visitou hoxe luns a fonte de Marqués de Alcedo, unha das actuacións previstas dentro da remodelación xeral de O Castro. Cun investimento de 150.000 euros, Caballero referiuse á recuperación de rutas, paseos e parques infantís e biosaludables, ao tempo que avanzou a próxima inauguración da primeira fase da humanización da rúa Nicaragua.

luns, 12 ago 2013
1376310101FUENTE.JPG
Abel Caballero achegouse á fonte de Marqués de Valterra para coñecer de primeira man a remodelación desta "significativa peza escultórica da cidade" que estaba "desaparecida" no conxunto da vexetación. Trátase, dunha obra dos anos 60 de Camilo Nogueira que agora forma parte dun entorno humanizado, en referencia ás obras de mellora de O Castro. Neste punto, "invitou a todo Vigo" a visitar "o novo Castro" coa recuperación de rutas, paseos, parques infantís, de maiores, pista de skate, e a participar o próximo mes de setembro do espectáculo previsto para o pasado 25 de xullo e que tivo que ser suspendido polo accidente ferroviario de Santiago. Durante a súa comparecencia, o rexedor tamén se referiu á próxima inauguración da humanización da primeira fase da rúa Nicaragua.
Descargar todas as imaxes