Caballero asegura que Vigo "vai seguir ao minuto" os éxitos das novas incoporacións ao equipo Movistar Vela
O alcalde asistiu hoxe venres ao acto de presentación das regatistas Támara Echegoyen e Berta Betanzos ao ao equipo Movistar de Vela co obxectivo de cometir nos próximos xogos olímpicos de Brasil. Desde as instalacións do Real Club Náutico, Caballero eloxiou a mestura perfecta entre a capacidade das deportistas e unha empresa como a patrocinadora.
Abel Caballero finalizou o acto de presentación das deportistas Tamara Echegoyen e Berta Betanzos que se incorporan ao equipo Movistar de Vela explicando que para "min é unha satisfacción estar aquí neste club que tantos e tantas campeones viu nacer". Na súa opinión, a incorporación de Tamara e Berta a un grande equipo como este é a mestura perfecta entre a capacidade de xerar dunha empresa como Movistar unido á capacidade de dúas campionas como elas de crear un estímulo para tantos e tantos rapaces. "Vigo os vai seguir ao minuto", augurou.
Movistar ven de incorporar ao seu equipo a unha nova tripulación española no camiño dos xogos olímpicos de Río 2016. Tamara Echegoyen é medalla de ouro en Match Race en Londres 2012 e Berta Betanzos, campiona mundial de 470, únense a un novo proxecto olímpico a bordo do 49er Fx.
Neste acto tamén participaron Viviana García, presidenta do Real Club Náutico de Vigo; Pedro Campos, director do Equipo Movistar de vela; Rafael Blanco, director de PYMES Norte de Telefónica e Fernando Echávarri, campeón olímpico en Pekín 2008 e membro tamén do equipo que dirixe Campos.
Descargar todas as imaxes