Escoitar

Concello e Celta presentan a "gran grada da cidade" no estadio de Balaídos

O alcalde presentou hoxe luns a "gran grada da cidade" no Estadio Municipal de Balaídos, un proxecto conxunto de Concello e Celta que permitirá poñer á disposición da cidade e de xeito gratuito 1.600 localidades. Caballero agradeceulle á directiva do equipo este esforzo económico en favor de Vigo.

luns, 12 ago 2013
1376310187BALAIDOS.JPG
Abel Caballero achegouse hoxe ao Estadio Municipal de Balaídos para presentar, xunto co presidente Carlos Mouriño, a grada Concello de Vigo-Celta, que suporá a cesión gratuita de 1.600 localidades de todos os partidos que se xoguen en Vigo. Tal e como explicou o rexedor, estas entradas estarán dirixidas a nenos e nenas de colexios públicos e concertados, acompañados dun adulto; a colectivos do ámbito social como Erguete, Alborada o San Francisco; a colectivos culturais, como os membros de corais; ou de ámbito deportivo. Ademais, tamén se inclúen persoas que atravesan unha situación de dificultade e económica pola súa situación de desemprego.

Neste punto, puntualizou que o obxectivo deste proxecto conxunto, enmarcado dentro dos actos do noventa aniversario do clube, é fomentar á afección; dar apoio ao Celta, así como que toda a cidade se incorpore a esa grada. Para rematar, Caballero reiteroulle o seu agradecemento á directiva do Celta porque "seguramente obtería máis rendabilidade económica doutro xeito", enfatizando o o "gran esforzo do clube" a favor da cidade de Vigo.
Descargar todas as imaxes