Pintura en Acción en Vigozoo

luns, 28 xul 2008

A pintora ferrolá Carmen Martín leva un a ano e medio desenvolvendo a súa "Pintura en Acción" a través de toda a xeografía galega. En total 12 horas seguidas de pintura en vivo, coas que achega a arte a lugares nos que non é habitual. Para ella é unha meneira de achegarse tamén a novos espazos, novos temas e novas xentes que reflexa nos seus lenzos durante un día enteiro.<br />

A asociación que outorga as bandeiras azuis destaca o socorrismo e o salvamento nas praias de Vigo

venres, 11 xul 2008

O vicepresidente de ADEAC (Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor), José Palacios, reuniuse hoxe venres co alcalde de Vigo para trasladarlle as súas impresións sobre o estado dos areais da cidade. Palacios eloxiou a mellora do salvamento e o socorrismo con respecto ao ano pasado coa inclusión dun coordinador e salientou asemade o bo ritmo da recuperación dunar do Vao. <br />

O alcalde, Chus Lago e Xulio Calviño presentaron este xoves as bandeiras azuis

xoves, 3 xul 2008

O alcalde e os concelleiros procederon este xoves á presentación das seis bandeiras azuis outorgadas á cidade para este verán. Na tempada estival operarán 22 socorristas pola semana e 24 os fins de semana, 14 integrantes da sección Costa e Praia da Policía Local e 5 embarcacións de Protección Civil. A Cruz Vermella prestará asistencia en 8 areais vigueses. <br />

O Concello organiza rutas en veleiro pola ría

venres, 13 xuñ 2008

A Concellería de Medio Ambiente programa rutas en veleiros que se celebrarán os días 21, 22 e 28 de xuño. As persoas interesadas poden inscribirse ata o martes día 17 de xuño no 010. "Vigo camiño a camiño" daralle aos cidadáns, a oportunidade de coñecer a bordo dun veleiro a riqueza do medio mariño de Vigo, as artes tradicionais de pesca e mesmo mergullarse nas augas do Atlántico.

8.000 persoas coñeceron o medio natural con "VIGO CAMIÑO A CAMIÑO"

xoves, 12 xuñ 2008

Máis de 8.000 persoas participaron nas 11 rutas que incluía o programa de sendeirismo do Concello "Vigo camiño a camiño" que se celebrou desde o pasado 2 de marzo. A cifra deuna a concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago , nun acto de peche do programa, que tivo lugar onte mércores pola tarde , no que lembrou que con esta inicitiva o Concello deu a posibilidade de coñecer mellor o contorno natural da cidade ao mesmo tempo que aprender a respectar e coidar o patrimonio ecolóxico de Vigo.<br />

Os segredos mariños das Illas Ciés, ultima ruta do programa "Vigo, camiño a camiño"

venres, 6 xuñ 2008

O domingo, 8 de xuño, Día Mundial dos Océanos, terá lugar a derradeira ruta de sendeirismo do programa "Vigo camiño a camiño" que nesta ocasión discorrerá polas Illas Cíes. Trátase dunha iniciativa do Concello de Vigo impulsada pola Concellería de Medio Ambiente, de xeito conxunto coa dirección do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

Seis praias de Vigo reciben a bandeira azul para este verán

xoves, 29 mai 2008

Abel Caballero valorou de forma positiva este outorgamento, que recoñece a calidade dos areais de A Punta, O Vao, Rodas, O Tombo do Gato, Canido e Fontaiña. En comparación co ano pasado, a cidade conta cunha distinción menos, a da praia de Argazada, en Alcabre, un "erro de interpretación" do organismo que concede as bandeiras ao considerala como parte de Samil, explicou o alcalde.