Medioambiente organiza unha saída para observar as Bágoas de San Lorenzo con astrónomos
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou este martes unha iniciativa do seu departamento que invita á cidadanía a observar con catro astrónomos as Bágoas de San Lorenzo na noite do próximo mércores na praia da Fonte. Xunto aos expertos, o departamento habilitará catro telescopios.
Entre o 17 de xullo e o 24 de agosto prodúcese un fenómeno no hemisferio norte que comunmente coñécese baixo o nome de Bágoas de San Lorenzo ou Perseidas.
A Concellería de Medio Ambiente, Sanidade e Consumo únese ás actividades do Ano Internacional da Astronomía 2009 ofertando a todo aquel que queira participar unha xornada de observación de estrelas fugaces da man de expertos en Astronomía.
A observación terá lugar na noite do 12 ao 13 de agosto, de 22:15 a 01:00 horas, na praia da Fuente (O Tombo do Gato). Os participantes poderán desprazarse ata a praia da Fonte por medio dos autobuses urbanos: ida (Última Líña del C3: Sanjurjo Badía (21:45)>Policarpo Sanz (21:53)>Praia da Fuente (22:30); e na volta (a primeira Liña do Nocturno N1- Saídas da praia da Fuente: 00:45 y 01:45)
Horario:
22:30: Chegada e presentación da actividade. Breve introdución ás Perseidas.
23:00: Inicio da Observación
00:00: Chocolate caliente
00:30 Fin da actividade
As Perseidas
Popularmente coñecidas como Lágrimas de San Lorenzo, son unha chuvia de meteoros de actividade alta. É un dos eventos deste tipo máis populares no hemisferio norte, xa que transcorre en Agosto, mes referente en período vacacional que adoita outorgar ceos despexados.
O seu período de actividade é longo e esténdese entre o 17 de xullo e o 24 de agosto. O seu máximo este ano é o 12 de agosto.
No caso das Perseidas, as partículas que producen o fenómeno foron producidas polo cometa 'Swift-Tuttle' que, como todos os cometas, perde masa cando se achegan ao Sol. Todos os anos sobre o 11-13 de agosto, a órbita da Terra cruza unha nube de partículas producidas por este cometa, o que produce a chuvia das Perseidas. Se prolongamos as trazas das Perseidas observadas nunha noite, todas parecen provir dunha zona situada na constelación de Perseo, de aí o seu nome.
Descargar todas as imaxes