Escoitar
Concellería de Mobilidade, Transporte e Seguridade

Peche ao tráfico da rúa Reconquista, entre Marqués de Valladares e Policarpo Sanz

venres, 7 ago 2009
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de construción do aparcamento soterrado, a realizar pola empresa UTE DRAGADOS EXCONSA, estará pechada ao tráfico a rúa Reconquista, treito entre Marqués de Valladares e Policarpo Sanz, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 10 de agosto de 2009 ás 10:00 horas e por un período aproximado de catro semanas.

Mentres duren as obras establécese sentido único na rúa Darío Alvarez Blazquez, cara a Policarpo Sanz.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.