Concello, Cámara de Comercio, Caixanova, Universidade, CEP e IFEVI asinan a acta fundacional da Vigo Convention Bureau
Hoxe comeza a súa andaina a Fundación Vigo Convention Bureau, coa sinatura da súa acta fundacional, na que participaron o alcalde da cidade, Abel Caballero, o tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, o presidente da Cámara de Comercio, José García Costas, o responsable de Caixanova, Lino Comesaña, o rector da Universidade de Vigo, Alberto Gago, e presidente da CEP, José Manuel Fernández Alvariño, e o xerente do IFEVI, Arsenio Prieto. A entidade nace co obxectivo de promocionar a cidade de Vigo como lugar no que celebrar congresos, viaxes de incentivo e todo tipo de eventos acheguen visitantes e negocio á cidade.