luns, 3 ago 2009
O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, destacou na presentación do concerto de Juan Perro, que terá lugar o día 5 de agosto no Peirao de Trasatlánticos (22:30 horas), que "Santiago Auserón chega cunha selección de catro albums históricos, temas antigos que estivo pulindo nos últimos anos e que veñen cargados de aires mestizos da Habana e de Nova Orleáns".
luns, 3 ago 2009
Abel Caballero mantivo este luns un encontro coa Asociación Provincial de Empresas da Construcción (APEC), no que consideraron que Vigo é a "excepción positiva" da edificación en Galicia, pois é a única urbe galega co 100% do planeamento urbanístico aprobado e con ámbitos en desenvolvemento. Por iso, a construcción "relanzarase" por enriba de Galicia cando a economía se recupere, inidicou o alcalde.
luns, 3 ago 2009
Abel Caballero e a Mancomunidade de Montes pasaron revisión este luns á situación do cinto verde vigués cara á prevención de incendios no verán. Ademais, estudaron propostas como a utilización de biomasa para calefacción nas instalacións municipais e o aproveitamento "turístico e paisaxístico" dos montes e os seus miradores.
luns, 3 ago 2009
O Circo Acuático, un novo concepto de circo, estará instalado na cidade viguesa (Avenida de Castelao) entre os días 7 e 30 de agosto. O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, presentou hoxe xunto ao director do circo, Manuel González, este novo concepto de circo, que está ambientado nun maxestoso acuario con 50.000 libros de auga, pero tamén haberá malabares, pallasos, acróbatas... "É un circo innovador, dirixido a todas as idades, respetuoso co medioambiente, sensitivo, multicultural....", explicou o concelleiro de Cultura.
luns, 3 ago 2009
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, viaxará mañá á cidade francesa de Lorient para coñecer de primeira man a organización do seu Festival Intercéltico, adicado na edición deste ano a Galiza. Segundo o tenente de alcalde, é unha "inmellorable ocasión para coñecer a fondo a organización dun festival de tanta tradición como o de Lorient e posteriormente desenvolver na nosa cidade iniciativas das que alí se levan a cabo".
luns, 3 ago 2009
O equipo de Policía e Bombeiros que compite nos xogos mundiais xa ten a súa primeira medalla de prata, conseguida polo bombeiro Alberto Costas na carreira de 10.000 metros. Outro resultado conseguido foi o cuarto posto de Fernando Lorenzo en natación en 50 metros na modalidade bolboreta.
luns, 3 ago 2009
A Semana Grande das Festas de Vigo chega a todos e todas e por iso tamén os máis pequenos da casa terán o seu lugar de xogos e deportes pero onde tamén manterán unha cita coa cultura. Desta forma, mañá comezará o Castro Cativo, o parque infantil lúdico-deportivo, que animará as tardes das e dos máis cativos ata o próximo día 14 de agosto.