Escoitar

O alcalde entregou os diplomas acreditativos aos músicos da Banda Sinfónica de Vigo

Abel Caballero acudiu este venres ao Conservatorio Superior de Música de Vigo para facer entrega dun diploma acreditativo aos músicos da Banda Sinfónica de Vigo que interpretaron distintas pezas na celebración do Día de Galicia na cidade. O alcalde mantivo tamén unha reunión co Presidente da Federación de Bandas e cos Directores e Presidentes das Bandas de Vigo.

venres, 31 xul 2009
1249044012diplomas.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, fixo hoxe venres entrega de sendos diplomas acreditativos aos músicos que conformaron a Banda Sinfónica de Vigo na celebración do Día de Galicia en Vigo.

O alcalde, quen agradeceu e felicitou aos intérpretes pola súa actuación no Pazo Museo Quiñones de León o pasado 23 de xullo, mantivo anteriormente unha reunión co Presidente da Federación de Bandas de Música Populares de Vigo, Enrique Lorenzo; e cos diretores e Presidentes das bandas de Beade, Valadares, Matamá, Coruxo, San Miguel de Oia, Cabral, Candeán, Bembrive e Caeiro.
Descargar todas as imaxes