Xesus López asegura que Alternavigo converteuse, nunha soa edición, no "maior festival de rock e metal de Galicia"
O concelleiro de Cultura, Xesus López, salientou hoxe que Alternavigo, nunha soa edición, "converterse no maior festival de rock e metal de Galicia, cunha magnífica resposta do público". Desta forma, o obxectivo desta segunda edición é superar os 12.000 espectadores do ano pasado, feito que parece posíbel "dada a resposta da xente nestos días", explicou o representante da organización, Breogán Cabezas.
O Festival Alternativo terá lugar os días 7 e 8 de agosto no IFEVI e contará cos mellores grupos de rock e metal a nivel internacional e do estado, sen esquecer aos galegos, que estarán representados por "Los Suaves". O día 7 desenvolverase unha xornada adicada ao metal máis internacional coas bandas Amon, Amrth, Udo, Paradise Lost, dark Tranquillity, DragonForce, Destruction e Scar Symmetry. O segundo día estará máis enfocado á musica nacional, aínda que o cabeza de cartel será unha banda internacional. Grave Digger, Los Suavez, Hamlet, Skizoo, Stravaganzza, Ktulu e Angelus Apátrida conforman o cartel do día 8.
O representante da organización destacou os prezos do festival, "xa que é complicado encontrar un festival destas características a prezos tan baixos", así como o feito de que no prezo vai incluido o dereito á acampada, tal e como sucedeu na pasada edición, cunha magnífica resposta por parte dos asistentes. "O ano pasado tivemos entre 400 e 500 tendas e temos unha capacidade para máis de 1.000 tendas, nunha zona perfectamente equipada como camping".
O concelleiro de Cultura insistiu no esforzo que se fixo na programación das festas para cubrir "un amplo abano de gustos para chegar a todos os públicos. E o Alternavigo é unha das apostas que fixemos o pasado ano e con evidente éxito".
Descargar todas as imaxes