Abel Caballero representou aos municipios españois na Conferencia Sectorial de Medio Ambiente
O alcalde de Vigo acudiu este mércores a Madrid en representación dos municipios españois para participar na primeira Conferencia destas características, organizada polo Ministerio de Medio Ambiente. Abel Caballero compartíu espazo coa ministra de Medio Ambiente, os conselleiros do ramo das 17 Comunidades, e cos Secretarios de Estado de Interior, Medio Ambiente, Industria e Cultura.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, representou este xoves en Madrid aos municipios españois na Conferencia Sectorial do Ministerio de Medio Ambiente; un evento no que o rexedor vigués participou xunto á ministra de Medio Ambiente, os conselleiros do ramo das 17 comunidades autónomas, e os Secretarios de Estado das carteiras de Interior, Medio Ambiente, Industria e Cultura.
O alcalde súmase deste xeito ás restantes Conferencias Sectoriais que organice o Ministerio que dirixe a galega Elena Espinosa, que por primeira vez aglutina á adminstración do Estado, ás autonómicas e ás entidades locais, representadas por Abel Caballero.
O devandito foro abordou á problemática dos incendios forestais, asunto no que o alcalde vigués fixo constar a preocupación dos municipios polas axudas que poidan recibir ao efecto e mostrou o apoio dos entes locais ás políticas de reforestación impulsadas polo Goberno de España.
O alcalde propuxo na Conferencia que as comunidades autónomas financien aos concellos para que estes realicen a limpeza dos montes, unha das principais medidas na prevención dos incendios, polo mellor coñecemento que lle confire a proximidade do terreo. Ata o de agora son as propias autonomías as que executan esta labor.
Por outra banda, no transcurso da Conferencia Sectorial tratouse as propostas no tocante á prevención de incendios e para as medidas de control dos gases de efecto invernadoiro.
Descargar todas as imaxes