Escoitar

A fusión da música galega e cubana será o xoves a protagonista do espectáculo "Descarga ao vivo"

Os concellerios de Cultura, Xesus López, e Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentaron hoxe xunto aos organizadores Central Folque o proxecto "Descarga ao vivo", que o vindeiro xoves encherá o teatro do Centro Cultural Caixanova da mixtura da música galega e cubana. O concerto, no que participarán 15 músicos e 2 bailaríns, terá como actividade previa unha actividade infantil mañá no Verbum.

martes, 28 xul 2009
1248785359vivo.JPG
O concelleiro de Cultura salientou o acerto desta iniciativa polo que supón de recuperación dunha parte moi importante da nosa historia. Xesus López explicou que nace dunha investigación de Ramón Piñeiro sobre a música galega en Cuba. O nacionalista lembrou as influencias e a relación que existe entre a música cubana e a galega froito da presenza de emigrantes galegos, que fusionaron os ritmos caribeños cos nosos sons. Esta mixtura é a que da forma ao programa que se vai poder escoitar o xoves a partir das 21 horas, nun concerto que, segundo explicou o concelleiro, pecha a xira que se iniciou en A Coruña e xa pasou tamén por Santiago.

Uxía Pedreira, directora da Central Folque, indicou que con este proxecto estase saldando "a débeda que existía entre a música galega e a cubana". Salientou que o repertorio que se presenta "son grandes obras musicais", nas que as muiñeiras combinan coas rumbas ou as habaneiras, dando forma a un espectáculo inédito.

Pola súa banda, Alejandro Vargas, director musical de "Descarga ao vivo", calificou como "resultado máxico" o que se poderá ver sobre o escenario do Centro Cultural Caixanova.

O concerto terá tamén como actividade complementaria un conto musicado galego-cubano que se vai representar mañá, a partir das 19 horas no Verbum. A concelleira Iolanda Veloso sinalou que a súa concellería quixo colaborar con esta iniciativa "porque nos pareceu moi interesante para pormocionar a normalización da nosa lingua". Trátase de "Pra", unha lenda que se musica e un conto que se baila.
Descargar todas as imaxes