La Oreja de Van Gogh presentará mañá no auditorio de Castrelos á súa nova cantante Leire
O concelleiro de Cultura, Xesus López, e o promotor Bibiano Moron presentaron hoxe o concerto de La Oreja de Van Gogh, que terá lugar mañá no auditorio de Castrelos a partires das 23:00 horas. O nacionalista lembrou que este é o segundo concerto, dun programa de festas que está a ser unha referencia do verán galego.
O concelleiro manifestou a súa satisfacción porque se están acadando os obxectivos plantexados. "Estamos empeñados en colocar a Vigo onde verdadeiramente lle corresponde como a primeira cidade de Galicia e creo que o estamos conseguindo". Desta forma, destacou os grandes concertos, o Fetsiclown, a programación das Festas, a Semana Grande… "e mañá continuamos coa programación dos grandes concertos, coa actuación de La Oreja de Van Gogh en Castrelos". Xesus López referiuse á dita banda suliñando que "é un grupo de referencia que enfrontou un difícil cambio trala marcha da súa cantante Amalia Montero e o fixo con evidente éxito coa chegada de Leire, que colocou en primeira liña do mercado musical. E mañá teremos a presentación da cantante en Castrelos".
Bibiano Morón, promotor do concerto, destacou que "co cambio, o grupo gaña en moitas cousas" e explicou que Castrelos presentará as súas mellores galas para acoller esta actuación. Ademáis, o representante de Articket aproveitou para felicitar ao concelleiro e o seu equipo pola programación das festas xa que "sen dúbida alguna son as mellores festas de Galicia e non só de Galicia".
As entradas están á venda (en anticipada) a través de www.servinova.com, no teléfono 902 504 500 ou na Central de Espectáculos de Vigo (Velázquez Moreno, 24). As localidades teñen un prezo de 10 euros en anticipada e 12 euros nas taquillas do auditorio de Castrelos, dende hora e media antes do inicio da actuación.
Descargar todas as imaxes