Escoitar

Isaura Abelairas aboga por "igualar o centro e as parroquias" con 25 novas humanizacións no rural

A concelleira de Vías e Obras presentou este martes os novos proxectos que acometerá o seu departamento municipal en todas as parroquias, humanizacións "de igual calidade ás do centro de Vigo" que supón un investimento superior aos 7 millóns de euros. Abelairas manifestou que priorizarán a mellora dos centros das parroquias.

martes, 28 xul 2009
1248783599isaura.JPG
A concelleira de Vías e Obras, Isaura Abelairas, abogou hoxe martes por "igualar o centro e as parroquias" con 25 novas actuacións en todo o rural vigués "de igual calidade ás humanizacións do centro de Vigo".

Abelairas presentou este martes as devanditas melloras, cun investimento superior aos 7 millóns de euros, e que tocarán todas as parroquias. No criterio seguido, a edil explicou que priorizou as reclamacións efectuadas polos veciños do rural, polo que se atenderán principalmente as zonas cunha alta afluencia de xente, como os entornos dos centros sociais, igrexas ou centros médicos.

"Estas melloras non poden agardar", citou a concelleira, "por seguridade", e exemplificou a urxencia das actuacións nas rúas Espedrigada e Xílgaro, que carecen de beirarrúas e presentan un tráfico denso de vehículos. Unha vez aprobada onte luns a modificación orzamentaria, o seguinte paso será a redacción dos proxectos, segundo avanzou a edil.

As humanizacións que acometeranse serán a rúa Castaña (Alcabre), o Camiño da Cruz (Bembrive), a terceira fase da Avenida Santa Marina, Mestre Alfredo González (Cabral), as rúas San Cristobo e Subida a Madroa (Candeán), Costa e Espedrigada (Castrelos), os camiños de Muíños e Sanín e a rúa Cañiza (Comesaña), a Estrada de Fragoselo (Coruxo), a Baixada a Igrexa (Freixeiro), Subride e Camiño Curros-Capitán (Lavadores), Manuel de Cominges (Matamá), a Avenida San Paio (Navia), Cesáreo Vázque (Oira), os casais de Arriba e Abaixo (Sampaio), a Baixada a Laxe (Sárdoma), a rúa Xílgaro (Calvario), a estrada da Igrexa (Valadares), e a praza do contorno da igrexa e a estrada Marcosende (Zamáns).
Descargar todas as imaxes