Escoitar

O concelleiro de Cultura visita os cursos de Formaclown e anima á cidadanía a gozar co Festiclown

O concelleiro de Cultura, Xesus López, desprazouse hoxe ata o Conservatorio de Música do Castro para visitar os cursos de Formaclown, que se están a desenvolver en Vigo dentro do Festival Internacional de Clown. No acto estivo acompañado polo director do Festiclown, Iván Prado, quen destacou a calidade do profesorado e tamén o interese amosado polos alumnos e alumnas.

martes, 28 xul 2009
1248785331Formaclown.jpg
O concelleiro tivo a posibilidade de conversar e ver en acción ao mestre Leo Bassi, que é un dos profesores dos oito cursos que conformar o Formaclown, o programa formativo do clown, e nos que participarán máis de 200 alumnos e alumnas. Xesús López destacou que "dende onte todo Vigo está cheo de risa e de humor e quero invitar a todas e todos os vigueses a que gocen da cidade".

Leo Bassi destacou a "seriedade" do seu traballo porque "é moi difícil facer rír a outra persoa, é un acto de intelixencia", así como a importancia do proxecto de facer un festival de pallasos en Palestina: "Os pallasos van facer unha cousas moi serie, intentar facer rír a un pobo maltratado".
Descargar todas as imaxes