Escoitar

Chus Lago inicia unha campaña de sensibilización sobre a importancia das algas nos areais

A Concellería de Medio Ambiente instalará a próxima semana dez carteis informativos nas principais praias viguesas e editará 5.000 copias dun tríptico para distribuilos entre os usuarios. O obxectivo da iniciativa é concienciar á cidadanía de que as algas non son basura, forman parte do entorno. A entidade de bandeiras azuis define a campaña de "modélica" e a exportará a España.

mércores, 29 xul 2009
1248872471chus.JPG
A concelleira de Medio Ambiente, Chus Lago, presentou este mércores unha nova campaña que procura concienciar á cidadanía de que as algas non son basura, forman parte do entorno e como tal é preciso respectalas. Na presentación participaron, xunto á edil, o presidente da Asociación de Oceanógrafos de Galicia, Jorge de los Bueis, e o vicepresidente de ADEAC (a entidade encargada de outorgar as bandeiras azuis), José Palacios.

A campaña procura sensibilizar á cidadanía mediante a instalación de 10 paneis ríxidos informativos nos principais areais de Vigo e a edición de 5.000 trípticos da iniciativa, que serán repartidos entre os usuarios das praias. Chus Lago avanzou que os folletos xa están impresos e a vindeira semana instalaranse os carteis.

O obxectivo pasa por sensibilizar á cidadanía da importancia que as macroalgas varadas teñen no ecosistema dunha praia, e mostrar porqué non é convinte a súa retirada en época estival mediante medios mecánicos.

O vicepresidente de ADEAC eloxiou a proposta da Concellería que dirixe a socialista Chus Lago cualificándoa como "modélica" e anunciou a intención da súa Asociación de exportala aos preto de 250 municipios españois adeheridos ás bandeiras azuis.

No desenvolvemento da campaña, o Concello conta co apoio da Asociación de Oceanógrafos de Galicia, ADEAC, a facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, e o grupo de investigación de salvamento e socorrismo da Universidade de A Coruña.
1248872471chus.JPG
1248872521Cartel.jpg

Máis información