O concelleiro de Cultura destaca o bo ritmo de venda de localidades para o concerto de Carlos Baute
O concelleiro de Cultura, Xesus López, destacou hoxe na presentación do concerto de Carlos Baute+Marta Sánchez o bo ritmo da venda de localidades para esta actuación, que terá lugar o día 4 de agosto no Peirao de Trasatlánticos (22:30 horas). "Estamos apreciando un gran interese, tanto polas chamadas telefónicas recibidas e as consultas realizadas, como pola venda de localidades... Así que cito a todas e todos os seus seguidores no Peirao de Trasatlánticos o próximo día 4 de agosto".
As localidades están a venda a través de servinova (www.servinova.com, no teléfono 902 504 500 ou na Central de Espectáculos de Vigo (Velázquez Moreno, 24). O prezo das entradas é de 18 euros en anticipada e 20 euros en taquilla.
O concelleiro destacou que a interpretación da canción "Colgando en tus manos" será o momento estelar do concerto. "Foi o tema máis radioado do ano, número un cinco semanas nos 40 Principais, tres semanas en cadena 100, o vídeo máis descargado de Youtube...", recordou o responsable do departamento de Cultura. Ademais, o último traballo de Baute, "De mi puño y letra", é o seu disco máis intimista e consentido, con 12 grandes temas.
Pola súa parte, a representante da promotora Getema Managers, Ángeles Feijoó, indicou que para Carlos Baute o concerto de Vigo é moi importante na súa xira e por iso incluiron a presenza de Marta Sánchez, algo que "só sucede en 8 concertos de toda a súa xira". A promotora destacou que ambos artistas son moi normais, polo que "a anécdota é que todo son facilidades pola súa parte", polo que así é moito máis fácil traballar para todos. Non pediu nada raro, so o normal: Un moi bo equipo de son, de luces, o escenario... Cuestións profesionais, pero nada de caprichos".
Descargar todas as imaxes