Urbanismo concedeu a licencia que regulariza o edificio de Jacinto Benavente, no que viven 150 familias
Segundo informou o alcalde, a Xerencia de Urbanismo deu conta este xoves da licencia concedida ao edificio de Jacinto Benavente, que atopábase en situación irregular por "defectos de tramitación" do anterior PXOM que agora quedan subsanadas. Sobre 150 familias ven legalizada a situación das súas vivendas, e o Concello aforra uns 50 millóns de euros en posibles indemnizacións.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu este xoves a Xerencia de Urbanismo na que se deu conta da licencia concedida á edificación de Jacinto Benavente, na que viven 150 familias, que atopábase ata o de agora en situación irregular.
Segundo explicou o alcalde, este edificio representa "unha situación clara do que pode ser legalizable" co novo PXOM, xa que a situación irregular do mesmo debiase a "defectos de tramitación" do anterior Plan.
Abel Caballero quixo mostrar a súa "satisfacción" pola legalización e deixar claro á cidadanía viguesa que o caso de Jacinto Benavente "non é un pelotazo urbanístico" pois edificouse o permitido, senon que o problema procedeu do "Plan defectuoso" de 1993, que non especificaba suficientemente o ámbito.
Coa concesión da licencia, unhas 150 familias -ás que o alcalde mostrou a súa "cercanía e apoio"- agora "ven seguras as súas condicións de habitabilidade"; e ademais o Concello de Vigo aforra uns 50 millóns de euros en conceptos de indemnizacións aos propietarios das vivendas.
Descargar todas as imaxes