Escoitar

O alcalde salienta a "máxima calidade" da humanización de Val Miñor, con preto de 500.000 euros de investimento

Abel Caballero, xunto con outros membros da Corporación, acudiu este xoves a Balaídos para por en funcionamento a inauguración da rúa Val Miñor, que xerou 15 empregos; renovada con granito, nova iluminación, novos sistemas de seguridade e máis arborado, tanto na rúa como na Asociación de Veciños da zona.

xoves, 30 xul 2009
1248958183valminor.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este xoves a posta en marcha da humanización de Val Miñor, en Balaídos, unha mellora de "máxima calidade" cun investimento próximo aos 500.000 euros.

O alcalde valorou especialmente que as humanizacións levadas aos barrios vigueses gocen da mesma calidade -"e incluso os superan", indicou Caballero- que as do centro da cidade. Así, a humanización supuxo a renovación en granito e ampliación da superficie da beirarrúa, máis arborado tanto na rúa como na Asociación Veciñal colindante - "para potenciar o verde na zona", explicou-, novos puntos de luz e máis seguridade.

A este respecto, Abel Caballero explicou o funcionamento dun semáforo instalado ao efecto na rotonda de Fragoso e a Avenida de Balaídos, semáforo "de última tecnoloxía, o primeiro instalado en Vigo", afirmou, que pola noite cando entra en funcionamento ilumina a praza, co que mellora a seguridade do entorno.

O alcalde subliñou que, xunto a Val Miñor, o goberno local inclué nas melloras do barrio de Balaídos as humanizacións xa en marcha das avenidas de Castrelos, Portanet e Balaídos, e a xa rematada da primeira fase de Eugenio Kraft.
Descargar todas as imaxes