Escoitar

María Castro síntese "orgullosa e emocionada" por ser a pregoeira da Semana Grande das Festas de Vigo

María Castro asegurou hoxe sentirse "orgullosa e emocionada" por ter a oportunidade de ser a pregoeira da Semana Grande das Festas de Vigo. "É unha honra ser a pregoeira das festas de Vigo e non o pensei nin un momento cando mo ofreceron, so intentar adaptalo a miña axenda, xa que estamos gravando a serie todo o verán e esa era a única dificultade".

venres, 31 xul 2009
1249046420Castro.JPG
A actriz viguesa indicou que escribiu o pregón "con todo o meu cariño dende a distancia e intentando transmitir nel a morriña e o cariño que sinto pola cidade. O que desexo é que se transmita todo o que sinto e poder facelo sen emocionarme". María Catro finalizou subliñando que "aquí en Vigo é onde está o auténtico paraíso".

Pola súa parte, o tenente de alcalde, Santi Domínguez, agradeceu a presenza da actriz tanto na rolda de prensa celebrada hoxe como o próximo luns para a lectura do pregón. "Cando pensamos en María supoñíamos que ía ser moi difícil dada a súa axenda, pero quedamos gratamente sorprendidos ao ver que todo eran facilidades. Dende o primeiro momento se volcou e nos transmitiu a tremenda ilusión que lle fai ser pregoeira das nosas festas".

O sirenazo e o sireniño
O tenente de alcalde deu a coñecer as novidades que haberá este ano no acto de apertura da Semana Grande das Festas de Vigo. "Imos institucionalizar o sirenazo, que vai dar María Castro dende o balcón, e o sirenazo será o punto de saída da Semana Grande das nosas festas". O sirenazo será o sonar da sinera dun barco, un elemento moi vencellado á cidade. Ademais, para as persoas que asistan á lectura do pregón haberá un agasallo: O sireniño, que é unha reprodución do Sireno de Francisco Leiro en boneco antiestres. Santi Domínguez entregou un destes sireniños a María Castro, que o recolleu cun gran sorriso.

Acto de apertura da Semana Grande
A Semana Grande das Festas de Vigo comezará o próximo luns día 3 e o punto de saída será o acto de apertura que comezará as 20:30 horas cunha recepción na Casa Galega da Cultura, a que están invitados representantes da sociedade viguesa, do deporte, da cultura, empresarial e institucional.
A lectura do pregón terá lugar as 21:30 horas, dende o balcón da Casa Galega e a continuación o grupo vigués Ragdog ofrecerá o primeiro concerto da Semana Grande, que finalizará o próximo día 14 después de 12 días de actuacións musicais, teatro, xogos, animación, danza... Un programa moi completo e variado, que ten o obxectivo de chegar a todos os públicos e idades, tal e como indicou o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López.
Descargar todas as imaxes