O tenente de alcalde afirma que a inauguración de Teófilo Llorente supón o inicio da "reconquista" do Casco Vello
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, inaugurou hoxe a remodelación da rúa Teófilo Llorente que, segundo dixo, supón o punto de partida da "reconquista real" do Casco Vello. As obras, que transformaron a rúa nun espazo peonil, contaron cun investimento dun millón de euros, o orzamento máis alto que ata o momento o Concello de Vigo ten realizado no barrio histórico.
"Hoxe é un día moi importante para o Goberno municipal e para os veciños e veciñas do barrio porque podemos inaugurar hoxe a reconquista do Casco Vello", asegurou o tenente de alcalde. Santi Domínguez explicou que con esta actuación "se visualiza o que queremos que sexa o Casco Vello", un lugar recuperado para a cidadanía e emblema da cidade.
O nacionalista salientou que a reforma de Teófilo Llorente transformou unha rúa sen vida, nun espazo para o paseo e o encontro da cidadanía. Desde agora a rúa terá o tráfico restrinxido somentes a residentes e vehículos de servizo. Asemade instalouse mobiliario urbano, nova iluminación e arborado. Tamén se construíu unha pasarela de madeira na marxe esquerda dende a baixada da Praza de A Pedra. A actuación completouse coa instalación de illas de reciclado e o soterramento do tendido eléctrico.
O tenente de alcalde dixo que esta actuación, xunto coa refoma do eixo Porta do Sol-Paseo de Alfonso e as obras que se están a facer nas rúas interiores do barrio, van supoñer un paso definitivo para a "reconquista" do Casco Vello. A este respecto, lembrou que cando tomou posesión do cargo como tenente de alcalde e concelleiro de Cascos Históricos dixera que sería complicado nun mandato recuperar o cen por cen, pero si garantira que "os veciños e veciñas si ian poder crer que desta vez vai". Santi Domínguez garantíu que "a recuperación e rehabilitación do noso casco histórico é imparable".
A inauguración contou coa instalación de diversos postos de degustación de establecementos do barrio, como elemento dinamizador para facer da rúa Teófilo Llorente un novo espazo para o lecer de toda a cidadanía.