Escoitar

Castro Cativo comeza mañá martes con actividades deportivas e lúdicas para os máis pequenos da casa

A Semana Grande das Festas de Vigo chega a todos e todas e por iso tamén os máis pequenos da casa terán o seu lugar de xogos e deportes pero onde tamén manterán unha cita coa cultura. Desta forma, mañá comezará o Castro Cativo, o parque infantil lúdico-deportivo, que animará as tardes das e dos máis cativos ata o próximo día 14 de agosto.

luns, 3 ago 2009
A programación comezará as 17 horas no parque infantil do Castro e ai as e os rapaces vigueses poderán gozar con obradoiros, inchables e deportes, así como coas peripecias de malabares e mallasos, ou co teatro que todos os días pechará a xornada ás 20:00 horas cunha obra que arrincará os sorrisos e as bágoas de nenos e nenas.

O parque contará coa presenza de monitores que serán os responsables de que as e os nenos podan aprender en cada actividade, interactuar co resto dos nenos, practicar deportes, reparar e construir xoguetes, subir a unha bici aou a un kar... Moitas actividades para ter unha tarde diferente de verán.

Mañá día 4, o teatre Arca será o encargado de realizar a primeira obra de teatro no Castro: "La biblioteca mágica".