O alcalde e a mancomunidade abogan pola "utilización integral" dos montes para potencialos turísticamente
Abel Caballero e a Mancomunidade de Montes pasaron revisión este luns á situación do cinto verde vigués cara á prevención de incendios no verán. Ademais, estudaron propostas como a utilización de biomasa para calefacción nas instalacións municipais e o aproveitamento "turístico e paisaxístico" dos montes e os seus miradores.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acudiu este luns a Coruxo para estudar coa Mancomunidade de Montes a situación actual dos mesmos e o dispositivo de prevención de incendios de cara ao verán, reunión na que valorouse a necesidade dunha "utilización integral" da rede de montes viguesa.
A Mancomunidade de Montes presentoulle ao alcalde unha serie de propostas, como o emprego da biomasa como calefacción nas instalacións municipais. Sobre este tema, Abel Caballero indicou que a iniciativa poderá presentarse ao arquitecto encargado do proxecto da nova Praza do Rei, realizado por Rafael Moneo, para o seu estudo.
Ademais, ambos plantexaron a necesidade de dar un uso "turístico e paisaxístico" á rede de montes viguesa, o chamado cinto verde. O obxectivo sería por en valor os miradores da zona tanto para os propios vigueses como cara ao turismo. Un exemplo da segunda opción sería que os cruceristas que arriban a Vigo poidan facer excursións guiadas aos devanditos miradores.
A "utilización integral" dos montes permitirá, segundo asegurou Abel Caballero, o seu sostemento e mantemento, ademais do aproveitamento turístico. O alcalde tamén quixo recoñecer o "traballo e dedicación" das Mancomunidades de Montes como "factor chave do desenvolvemento sostible".
Descargar todas as imaxes