O tenente de alcalde viaxará mañá martes ao Festival Intercéltico de Lorient, adicado este ano a Galiza
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, viaxará mañá á cidade francesa de Lorient para coñecer de primeira man a organización do seu Festival Intercéltico, adicado na edición deste ano a Galiza. Segundo o tenente de alcalde, é unha "inmellorable ocasión para coñecer a fondo a organización dun festival de tanta tradición como o de Lorient e posteriormente desenvolver na nosa cidade iniciativas das que alí se levan a cabo".
Así, o mércores 5 de agosto, o tenente de alcalde e o concelleiro de Cultura, Xesus López, manterán diversas reunións de traballo coa organización do festival co obxectivo de afondar lazos culturais e comerciais con esta cidade da Bretaña francesa; asemade manterán xuntanzas coa responsable da Dirección de Desenvolvemento e Cooperación Exterior e Servizo de Relacións Internacionais e Hermanamentos, Christina Hogrefe, e o concelleiro de Hermanamentos, Loïc Champagnat.
Deste xeito, o tenente de alcalde e o concelleiro de Cultura corresponden á visita que o pasado mes de xuño realizaron estas dúas autoridades do municipio francés a Vigoe. "Queremos aproveitar que Galiza é o páis invitado de honra para reforzar o irmanamento que existe entre ámbalas dúas cidades a través de iniciativas conxuntas en materias de tanta relevancia para a nosa cidade como o turismo, a cultura, o deporte ou a educación", subliñou o nacionalista.