Escoitar

O Circo Acuático, un novo concepto de circo, estará instalado na cidade dos días 7 ao 30 de agosto

O Circo Acuático, un novo concepto de circo, estará instalado na cidade viguesa (Avenida de Castelao) entre os días 7 e 30 de agosto. O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, presentou hoxe xunto ao director do circo, Manuel González, este novo concepto de circo, que está ambientado nun maxestoso acuario con 50.000 libros de auga, pero tamén haberá malabares, pallasos, acróbatas... "É un circo innovador, dirixido a todas as idades, respetuoso co medioambiente, sensitivo, multicultural....", explicou o concelleiro de Cultura.

luns, 3 ago 2009
1249305195circo.jpg
Pola súa banda, o director do circo explicou que "comezamos hai cinco anos unha nova andadura, pero sempre do circo que é a nosa paixón. Este circo é a culminación de moitos dos nosos soños, con grandes artistas, porque ademais do acuario e dunha posta en escena espectacular, ten un peso específico os acróbatas: contamos con 16 acróbatas chineses do primeiro nivel".

É un espectáculo de case dúas horas de duración e o horario da función de luns a venres e domingo é ás 20 horas, mentres que os sábados haberá dúas funcións (19 e 21.15 horas). A carpa, de 2.000 metros cadrados de lona ignífuga, conta cun auditorio para 1.200 espectadores.
Descargar todas as imaxes

Máis información