O alcalde afirma que o Centro de Telecontrol do Concello refrenda o "proceso de modernización" municipal
Abel Caballero visitou este martes o Centro de Telecontrol do departamento municipal de Electromecánicos, que monitoriza a tempo real o alumeado, o saneamento e o abastecemento público. Instalado neste mandato, o alcalde avanzou que o Concello continuará co "proceso de control enerxético" que supón este sistema.