O alcalde afirma que o Centro de Telecontrol do Concello refrenda o "proceso de modernización" municipal
Abel Caballero visitou este martes o Centro de Telecontrol do departamento municipal de Electromecánicos, que monitoriza a tempo real o alumeado, o saneamento e o abastecemento público. Instalado neste mandato, o alcalde avanzou que o Concello continuará co "proceso de control enerxético" que supón este sistema.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este xoves que o Centro de Telecontrol municipal do alumeado, o saneamento e o abastecemento ratifica o "proceso de modernización" no que está inmerso o Concello vigués.
Abel Caballero visitou hoxe martes este sistema, habilitado nos últimos dous anos, e subliñou o "proceso de control enerxético" que supón a monitorización a tempo real da rede de puntos de luz, do abastecemento e do saneamento; tres claves na loita contra as emisións de gases de efecto invernadoiro, segundo explicou.
No tocante á iluminación, o Centro controla os 45.000 puntos de luz existentes na cidade e o seu nivel de luminosidade, que varía automáticamente grazas a un sensor que mide a luz natural. O sistema é unha mostra, salientou Abel Caballero, de eficiencia enerxética -pola regulación automática-, capaz de detectar a tempo real calquera avería, dar parte e axilizar a súa reparación.
Sobre a rede de saneamento, este sistema calcula o caudal dos colectores, detecta no momento unha eventual saturación dos mesmos e da a coñecer instantáneamente posibles verquidos que se produxeran. O Centro tamén centraliza a información a tempo real de toda a rede de abastecemento de auga.
O alcalde felicitou aos técnicos e á concelleira, Isaura Abelairas, polo seu traballo para posteriormente comparar a gran capacidade tecnolóxica do Concello e a profesionalidade e capacitación do persoal coas ausencia dunhas instalacións municipais axeitadas.
Descargar todas as imaxes