Escoitar

O Festival Folclórico Internacional reunirá a grupos de Galicia, Asturias, Ecuador, Kenia e Rusia

O Festival Folclórico Internacional, que terá lugar entre os días 5 e 10 de agosto, reunirá a grupos de Asturias, Rusia, Ecuador, Kenia e Galicia, nunha cita xa emblemática nas festas do verán viguesas. Na presentación do festival, o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, recordou que "un dos obxectivos que nos plantexamos era facer unha programación o suficientemente ampla para cubrir todas as idades e públicos, que de resposta a todos os gustos e intereses"

martes, 4 ago 2009
1249391587festival.jpg
O nacionalista destacou o traballo dos organizadores, representados na figura do director da Agrupación Folclórica "Lembranzas Galegas de Vigo", Emilio Sotelino: "Quero destacar o traballo de Sotelino e de Polo a prol de situar onde se merece a nosa tradición e o noso folclore, é unha vida adicada a recuperar o noso folclore".

Pola súa banda, Enrique Sotelino, fixo especial fincapé no aspecto social: "Estos grupos non cobran nada, somentes lles pagamos os gastos, e eu destacaría a calidade humana que teñen. Porque é xente de distintas razas, de diferente cor, de distintas ideas políticas e ao final estamos todos xuntos, falando, bailando e cantando".

O acto central do festival terá lugar o día 7 na Praza de Compostela, pero ademais haberá actuacións polos diferentes barrios e parroquias da cidade, así como polo centro da cidade. Desta forma, tal e como indicou o concelleiro, "o Festival vai encher de cor de se son todas as rúas e barrios da nosa cidade".
Descargar todas as imaxes