Escoitar

Juan Perro ofrecerá o día 5 de agosto no Peirao de Trasatlánticos unha selección de catro albums históricos

O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, destacou na presentación do concerto de Juan Perro, que terá lugar o día 5 de agosto no Peirao de Trasatlánticos (22:30 horas), que "Santiago Auserón chega cunha selección de catro albums históricos, temas antigos que estivo pulindo nos últimos anos e que veñen cargados de aires mestizos da Habana e de Nova Orleáns".

luns, 3 ago 2009
1249305327perro.jpg
O concelleiro recordou a traxectoria de Santiago Auserón en Radio Futura: "Juan Perro nace trala disolución de Radio Futura e o fai nunha andaina musial cunha perspectiva alonxada das espectativas comerciais, onde o que busca é conseguir as mellores cancións e o mellor son", manifestou.

Pola súa parte, o responsable da promotora Nordesía, Quique Costas, explicou que "os concertos de Juan Perro sempre son moi especiais porque non é un proxecto continuo, é intermitente, e os seus concertos sempre teñen unha grande frescura e se reinventa a si mesmo en cada xira".

Ademais, Costas tamén se refiriu ao teloneiro, Narf, de que dixo que "un dos mellores escribidores de cancións de Galicia, un tremendo poeta, moi arriscando e cun estilo moi persoal".

As localidades están á venda a través de www.servinova.com, no teléfono 902 504 500 ou na Central de Espectáculos de Vigo (Velázquez Moreno, 24). as entradas teñen un prezo de 18 euros en anticidada e 20 en taquilla.
Descargar todas as imaxes

Máis información