Escoitar

Orde do dia da Xunta de Goberno Local

venres, 7 ago 2009
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN EXTRAORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 10 DE AGOSTO DE 2009.


CONTRATACIÓN
1.- Adxudicación definitiva dos lotes 2 e 3 da produción das Festas de Verán de Vigo. Expte. 3273/335.

SERVIZOS XERAIS
2.- Contratación coa compañía Eléctrica Unión Fenosa para subministracións municipais de baixa tensión igual ou inferior a 10 Kw. Expte. 111/440.

3.- Mantemento integral das instalacións electromecánicas dos túneles e pasos inferiores de Vigo. Expte. 12907/444.

URBANISMO
4.- Proposta de autorización para a redacción de Proxectos modificados dos aparcamentos soterrados das rúas Jenaro de la Fuente e Castelao, consistentes na mellora de urbanización da superficie da cuberta.



DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión extraordinaria na súa Sala o día 10 de agosto de 2009, ás 10,00 h., para resolver os asuntos da devandita relación.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo, 7 de agosto de 2009.