Escoitar

Máis de mil persoas participarán no III Certame de Orfeóns de Corais de Vigo que se celebrará mañá

Un total de 1.100 persoas participarán no III Certame de Orfeóns de Corais de Vigo, que terá lugar mañá sábado 8 de agosto no auditorio de Castrelos ás 22.30 horas. A entrada é gratuíta (con invitación)a ata compretar o aforo do auditorio.

venres, 7 ago 2009
No espectáculo participarán as corais de Vigo, de ACOPOVI (Asociacións de Corais Polifónicas de Vigo), a modo de orfeón (con aproximadamente 150 voces en cada grupo); as coris de Galicia, de FECOGA (Federacións de Corais de Galicia), tamén a modo de orfeón e co mesmo número de voces e a banda de Música "Agrupación Musical Atlántida de Matamá".

Esta actuación III Certame de Orfeóns de ACOPOVI, dentro da programación das Festas do Concello de Vigo, vai supoñer "unha homenaxe e por outro unha mostra significativa e no mellor auditorio ao aire libre das corais polifonicas da nosa cidade, coma si dun escaparate músico-vocal de Vigo, se tratase", indicaron dende ACOPOVI