Escoitar
Mobilidade e seguridade

Corte de tráfico na rúa Reconquista

venres, 7 ago 2009

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de construción do aparcamento
soterrado, a realizar pola empresa UTE DRAGADOS EXCONSA, estará pechada ao tráfico a rúa
Reconquista, treito entre Marqués de Valladares e Policarpo Sanz, con acceso exclusivo para
garaxes, dende o luns 10 de agosto de 2009 ás 10:00 horas e por un período aproximado de catro
semanas.

Mentres duren as obras establécese sentido único na rúa Darío Alvarez Blazquez, cara a Policarpo
Sanz.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.