Concello, Cámara de Comercio, Caixanova, Universidade, CEP e IFEVI asinan a acta fundacional da Vigo Convention Bureau
Hoxe comeza a súa andaina a Fundación Vigo Convention Bureau, coa sinatura da súa acta fundacional, na que participaron o alcalde da cidade, Abel Caballero, o tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, o presidente da Cámara de Comercio, José García Costas, o responsable de Caixanova, Lino Comesaña, o rector da Universidade de Vigo, Alberto Gago, e presidente da CEP, José Manuel Fernández Alvariño, e o xerente do IFEVI, Arsenio Prieto. A entidade nace co obxectivo de promocionar a cidade de Vigo como lugar no que celebrar congresos, viaxes de incentivo e todo tipo de eventos acheguen visitantes e negocio á cidade.
Tras a sinatura do protocolo, o tenente de alcalde destacou a súa "gran satisfacción que supón o paso dado hoxe para que a fundación sexa unha realidade". Asemde, Santi Domínguez subliñou que hoxe a Vigo Convention Bureau "comeza a promoción da cidade e o incentivo de todo o que tne que ver coa desestacionalización do turismo". Deste xeito, a xuizo do tenente de alcalde, Vigo se posicionará "entre as principais cidades deste sector en España xa que permitirá a súa internacionalización grazas as accións promocionais e a inclusión no Spain Convention Bureau".
Santi Domínguez explicou que xa máis de 70 empresas e asociacións "teñen comunicado a súa intención de participar na Vigo Convention Bureau". O sector privado ten transmitido, en diversas reunións previas á sinatura de hoxe, que esta fundación é un ente necesario para a cidade, xa que ten demostrado a súa utilidade noutras cidades como Barcelona, Madrid, Girona ou Granada. Por outra banda, o tenente de alcalde indicou que para o seu primeiro exercicio no 2010, a fundación contará cun orzamento de 250.000 euros, dos que o 80% será aportado polas entidades fundadoras.
Segundo a acta fundacional asinada hoxe, a Fundación Vigo Convencion Bureau comeza a andar co alcalde de Vigo, Abel Caballero como presidente e o tenente de alcalde, Santi Domínguez como vicepresidente e presidente do comité executivo. Respecto ao padroado, está integrado polo presidente da Cámara de Comercio como secretario e o responsable de Caixanova Lino Comesaña como tesourero. Finalmente, os vogais son o rector da Universidade de Vigo, Alberto Gago, o presidente da CEP, José Manuel Fernández Alvariño, e o xerente do IFEVI, Arsenio Prieto.
Ao respecto, o tenente de alcalde sinalou que no mes de setembro celebrarase unha xuntanza para o nomeamento do xerente da entidade, que terá como primeiro cometido a elaboración do plan estratéxico 2010-2013. Segundo Santi Domínguez, este plan estratéxico e o Plan de Competitividade Turística "serán a gran folla de ruta do turismo de Vigo". Por outra banda, destacou a importancia de que no 2011 entre en funcionamento o pazo de congresos. "Posto que os congresos e as convecións comezan a xestionarse con dous anos de antelación, para nós era fundamental ter en marcha xa a Fundación Vigo Convention Bureau", afirmou.
O alcalde estimou que este iniciativa permitirá a "transformación" da estrutura económica da cidade, que dará cabida de xeito permanente ao "despegue definitivo" do turismo de congresos. A este respecto, Abel Caballero entroncou a Fundación co novo Pazo de Congresos que se está a construir na cidade e que poderá ser inaugurado o 1 de xaneiro de 2011. O Auditorio culminará o "conxunto da capacidade de oferta de Vigo" para este tipo de turismo, asegurou o alcalde.
Descargar todas as imaxes