Santi Domínguez asegura que o éxito dos campamentos de verán anima a seguir aumentando as prazas
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou este venres que o esforzo realizado por Tenencia de Alcaldía e Concellería de Xuventude para incrementar o número de prazas dos campamentos de verán "nos anima para o ano que vén seguir ampliando o número de prazas". O nacionalista así o manifestou na visita que realizou ao campamento urbano que se está a desenvolver no polideportivo de Samil xunto coa concelleira de Xuventude, Iolanda Veloso.
Santi Domínguez destacou que os campamentos de verán, que na edición deste ano alcanzan as 1700 prazas, ofrecen unha alternativa de ocio aos nenos e nenas de 4 a 15 anos, "sobre todo pensando na conciliación da vida familiar e laboral e naquelas familias que non poden viaxar e ir de vacacións". "Trátase de que durante o verán os nenos e as nenas poidan difrutar dos seus ratos de lecer e os pais e nais conciliar a vida laboral e familiar", salientou o tenente de alcalde. Neste sentido, subliñou que "o esforzo que estamos a facer o vemos recompensado porque están todas as prazas cubertas".
A concelleira de Xuventude, pola súa banda, explicou que a segunda quenda dos campamentos urbanos se están a desenvolver nas instalacións de Samil, As Travesase Lavadores. "Hoxe temos un día estupendo que permite que os rapaces e as rapazas poidan disfrutar coa batalla das flores aquí en Samil", apuntou Iolanda Veloso. A concelleira nacionalista sinalou asemade que os campamentos inclúen diversas actividades, como xogos e obradoiros medioambientais.
Descargar todas as imaxes