Melendi presentará o seu cuarto traballo "Curiosa la cara de tu padre" o día 11 de agosto en Vigo
O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesús López, e o representante da promotora Articket, Xavi Morón, presentaron hoxe o concerto do asturiano Melendi, que terá lugar o día 11 de agosto no Peirao de Trasatlánticos.
O concelleiro fixo un repaso pola biografía do artista, que comezou a súa andaina no ano 2001, e fixo especial fincapé no último traballo "Curiosa la cara de tu padre", que saliu recente cunha nova edición na que incluiu seis versións de temas moi diferentes e que Melendi fixo seus.
Xesus López destacou que "trala xira do 2007, co tema "Me gusta el fútbol" consegue ser número 1, acada 9 discos de platino e chega cunha xira espectacular e convertido nun dos artistas máis populares do momento".
O edil nacionalista destacou que as localidades seguen á venda en servinova "a prezos populares". Ademais, Xesus recordou que a Semana Grande das Festas continúa e fixo un repaso polas numerosas actuacións que haberá durante o fin de semana na cidade, para todo tipo de públicos, de gustos e idades: Alternavigo, O Marisquiño, Festival Folclórico Internacional, Linguas Vivas, Maratón Fotográfico, Castro Cativo..."
MELENDI
11 de agosto no peirao de Trasatlánticos (23:00)
Ramón Melendi comeza a súa andaina no 2001 formando parte do grupo El bosque de Sherwood. O seu primeiro disco en solitario, Sin noticias de Holanda, editado no 2003, inclúe unha ducia de temas compostos por el. E xa o ano 2004 comeza con Melendi entrando no posto 99 da lista de vendas e acada o Disco de Ouro con máis de 50.000 copias vendidas. Ese mesmo ano, o seu tema "Con la Luna llena" é seleccionado como sintonía para a Volta Ciclista 2004. A partir de entón, dispáranse as vendas e sucédense as xiras. No 2006 a Academia dos Premios da Musica lle concede o premio á mellor xira.
Pero é no 2007 cando realiza a xira máis espectacular da súa carreira. É entón cando a plataforma Digital + ponse en contacto con el para que sexa a voz e a imaxe da súa nova campaña de abonados e co tema "Me gusta el fútbol" consigue ser número un: miles de descargas de cancións e tonos desta canción motivan unha reedición do seu disco: "Mientras no cueste trabajo", onde se inclúen este tema xunto a novos contidos: videoclips, concerto en directo e moito máis.
Chegamos a 2008, o gran año de Melendi, tras a exitosa xira do seu terceiro disco e dedicarlle tempo a compoñer novas cancións, presenta o seu cuarto album "Curiosa la cara de tu padre", traballo gravado en estudio no outono.
O igual que en todos os seus discos anteriores, Melendi é o compositor de todas as cancións. "Curiosa la cara de tu padre" contén 12 novas cancións que reflictan a apertura musical deste inquieto músico que no deixa de sorprendernos. Inclúe ademais un "regalo oculto" dedicado a todos os seus fans, onde fai un cariñoso aceno a súa terra natal. É o seu traballo máis aberto, picando no rock de diferentes calibres, na clásica rumba e noutras músicas que, mantendo a linguaxe e o pulso da rúa, reflicten a un Melendi con máis rexistros.
Ademais, xusto antes da xira, Melendi publicou unha edición ampliada e moi especial do seu último álbum. É un dobre CD que inclúe o álbum orixinal máis un CD extra con novos temas inéditos: tres cancións compostas por Melendi e seis versións de temas de estilos moi diferentes, elixidos polo asturiano, e que sorprenderán a máis de un. As seis versións, nas que Melendi aporta o su toque persoal, son "Sólo pienso en ti" de Víctor Manuel; "Alma, corazón y vida" de Los Panchos; "Burbujas de amor" de Juan Luis Guerra; "Si tú no estás" de Rosana e "Una historia de dos" de Pablo Moro. Neste novo traballo, Melendi atreveuse incluso a adaptar unha canción en inglés: "El mismo error" (Same Mistake) de James Blunt.
Discografía:
2008: Curiosa la cara de tu padre
2006 : Mientras no cueste trabajo
2005: Que el cielo espere sentado
2003: Sin noticias desde Holanda..
As entradas están á venda a través de www.servinova.com, no teléfono 902 504 500 ou na Central de Espectáculos de Vigo (Velázquez Moreno, 24). As localidades teñen un prezo de 15 euros en anticipada e 18 euros no despacho de localidades.
Descargar todas as imaxes