Fuxan os Ventos regresa ao auditorio de Castrelos vinte anos despois co espectáculo "Terra de soños"
Fuxan os Ventos regresa ao auditorio de Castrelos, 21 anos despois da súa última actuación, co espectáculo "Terra de soños", no que presentan actualizada a discografía de sempre do grupo. Así o explicaron na presentación do concerto, que terá lugar o mércores 12 (23:00 horas) no auditorio de Castrelos, o concelleiro de Cultura, Xesus López, e Tereixa Novo, unha das integrantes do grupo.
Xesús López fixo un repaso pola historia de Fuxan os Ventos, que comezou a súa andaina no ano 1972, e recordou a importancia tivo nos anos 70 para a sociedade galega. "É un grupo mítico que forma parte do pasado e do presenta da cultura do noso país e co seu espectáculo Terra de Soños nos fará recordar a todos aqueles que vivimos os anos 70 como atopamos luz e esperanza no medio das tebras existentes nese momento político grazas ao compromiso de Fuxan os Ventos co noso país".
Pola súa banda, Tereixa Novo, explicou que o espectáculo "Terra de Soños" presenta unha actualización da discografía de Fuxan os Ventos ao momento actual, ao século XXI. Actuamos acompañados por unha banda e contamos coa colaboración de importantes artistas galegos, algúns dos cales estarán o mércores con nós en Castrelos, como Rodrigo Romaní, Uxía Xenlle e outros". Novo, que animou aos vigueses a acudir ao concerto, destacou que o espectáculo "gusta aos nosos seguidores de sempre, porque non perdemos a nosa sonoridade, pero ademais cunta cun enriquemento instrumental por parte da banda e dos nosos convidados".
FUXAN OS VENTOS
Aló polo ano 1972 un grupo de rapazas e rapaces, que cantan asiduamente no coro do seu colexio en Lugo, deciden formar un grupo de música folk sen máis intención que a de divertirse. O grupo faise chamar Folk 72 e, como tal, participa no III Festival As San Lucas de Mondoñedo (Lugo), un dos máis importantes do momento, en outubro do mesmo ano. Tras acadar o primeiro premio coa canción "Fuxan os ventos", o grupo adopta ese título como nome propio e comeza a realizar actuacións en colexios, festivais, aldeas e vilas, primeiro da provincia de Lugo e logo do resto de Galiza.
No ano 1973 Fuxan os Ventos participa no III Festival Ría de Ares, en Pontedeume, gañando novamente o primeiro premio. No 74 participa noutros certames en Ferrol e Madrid, acadando sempre o recoñecemento da crítica e da prensa especializada.
O seu repertorio, inicialmente formado por música folk universal e música popular galega, vai pouco a pouco inclinándose cara esta última, tanto na súa vertente estrictamente popular coma na de composición propia. O contacto coa realidade musical do país, a través das actuacións en núcleos rurais illados, fainos conscientes de que existe un riquísimo patrimonio cultural-musical descoñecido para grande parte da sociedade galega que cómpre dar a coñecer. As propias actuacións en lugares e aldeas permítenlle ao grupo 'recoller' centos de cantigas que os vellos e vellas do lugar gardan na memoria e que irán incorporando ao seu repertorio.
Paralelamente, a maduración persoal dos membros do grupo fainos conscientes da realidade socio-política galega e van adquirindo un compromiso cada vez maior, que se traduce na paulatina incorporación de cancións de denuncia desa realidade: poemas propios e doutros autores e autoras son musicados polo grupo, sumándose deste xeito a outros colectivos que loitaban na mesma liña de oposición á dictadura e de reivindicación dun pobo, dun idioma e dunha cultura propia.
Nestes anos a banda participa activamente na montaxe e representación dun espectáculo costumista-musical de nome ‘Galicia canta ó neno’, escenificación do xeito de vivir as festas do Nadal en Galiza. Recóllense panxoliñas, aguinaldos, cantos de reis, etc., e, durante os días de Nadal, represéntase o espectáculo por diversas aldeas, vilas e cidades do país. Nel participan, ademáis de Fuxan os Ventos, outras moitas persoas e colectivos. A produción percorre Galiza ao longo de varios anos.
Algunhas discográficas amosan interese polo traballo do grupo e, en 1976, asínase un contrato coa discográfica Philips-Fonogram por catro discos: Fuxan os ventos (1976), O Tequeletéquele (1977), Galicia canta ó neno (1978) e Sementeira (1978).
Nesta época, e por mor de múltiples factores (a edición dos discos, a televisión e, moi nomeadamente, a situación socio-político-cultural do país) increméntase dun xeito espectacular a actividade do grupo, que, sen deixar de facer actuacións nas aldeas e vilas do país, leva os seus cantos a Madrid, Catalunya, Euskadi, Lisboa, Bruxelas, París, Zürich, Brest e participa dous anos consecutivos (1978 e 1979) no mítico Festival Interceltique de Lorient (Franza).
En 1979 Fuxan os Ventos grava o seu cuarto disco (Sementeira, Philips-Fonogram) e prodúcese o auténtico boom musical do grupo: as súas actuacións multiplícanse tanto en Galiza como no resto do Estado (Madrid, Barcelona, Bilbao, San Sebastián...) e en moitas cidades europeas (París, Londres, Zurich, Bruxelas, Lisboa, Porto, Brest, Lorient...). Nos anos seguintes (1979-1985) o grupo realiza unha media de cen actuacións por ano e, en moitas delas, logra reunir miles de persoas, nun fenómeno só reservado até daquela a figuras de primeira fila.
En 1981 o grupo grava con Ruada o seu quinto disco, Quen a soubera cantar, nun intento de apoiar o primeiro selo discográfico galego.
Os compoñentes de Fuxan os Ventos foron variando dende os seus comezos por diferentes circunstancias, chegando a pasar polo grupo até trinta persoas. A comezos do ano 1983 prodúcese a última e definitiva modificación do grupo, abandonándoo dous dos seus compoñentes e incorporándose un trío de música tradicional. Isto vai repercutir nunha maior calidade nos arranxos e na interpretación do seu repertorio.
Desta nova etapa é fidel reflexo o sexto disco, Noutrora, gravado no ano 1984 con Fonomusic. Desde estes anos até 1989, o grupo segue co mesmo ritmo de traballo, aumentando as súas actuacións fóra de Galiza, abríndose a circuitos novos. Tocan en Durango (1983) nun Galeuzca musical; na Universidade Popular de Jaén (1985), ou no festival de Agapito Marazuela, en Segovia (1989), na que sería a súa última actuación pública.
Dende esa data até a actualidade, o grupo permanece inactivo de cara ao público, sendo a causa fundamental desta interrupción a imposibilidade de compatibilizar a actividade profesional de cada unha das persoas que o forman co tempo e dedicación que precisaba unha formación das características de Fuxan os Ventos. Só nalgunhas ocasións rompe o grupo o seu silenzo: en maio
de 1993, para actuar na Festa Labrega de Láncara (Lugo) organizada polo Sindicato Labrego Galego (SLG) para celebrar a supresión da 'cota empresarial agraria', longa loita do mundo rural galego do que Fuxan os Ventos sempre se sentiu partícipe; e en maio de 1997, en Lugo, para celebrar o 25 aniversario da asociación Auxilia, coa que Fuxan sempre colaborou.
Esta actuación é fundamental para que o grupo se decida a preparar un novo traballo, que cristaliza nun disco que sae á rúa en abril de 1999: Sempre e máis despois (Fonomusic). O elepé, que producen os propios membros de Fuxan os Ventos, componse na súa totalidade de pezas tradicionais tanto de recollida propia como tiradas de cancioneiros, e nel a riqueza de arranxos e a calidade interpretativa e de gravación consolida unha interesante evolución iniciada polo grupo no anterior disco (Noutrora), que sen deixar de ser tradicional e sen abandonar o seu timbre característico, integra instrumentos, sons e técnicas actuais.
No 2002, Fuxan os Ventos edita o seu último traballo discográfico até a data, Na memoria dos tempos, con romances e melodías de cancioneiros tradicionais. O disco serviu tamén para reivindicar a memoria dun feito que non debe repetirse nunca máis: a catástrofe do Prestige, participando tamén nos concertos expansivos que se realizan en todo o país.
En 2007 participan no proxecto colectivo Pelo Gato 24, e en agosto dese mesmo ano actúan no Festival de Pardiñas (Guitiriz) cun pequeno repertorio, facendo o pregón-presentación da Feira de Artesáns. A repercusión desta actuación e a satisfacción do grupo ao reencontrarse co público son decisivas para facer "Terra de Soños", o espectáculo que presentará en Vigo.
Na actualidade, os compoñentes de Fuxan os Ventos son Carme Vázquez, Xoán L. F. Saavedra, Tereixa Novo, Alfonso Fernández, Moncho Díaz, Maruxa Fociños, Antón Castro, Xosé Vázquez e Pedro Lucas.
Discografía:
2002: Na memoria dos tempos 1978: Sementeira
1999: Sempre e máis despois 1987: Galicia canta ó neno
1984: Noutrora 1977: O tequeletequele
1981: Quen a soubera cantar 1976: Fuxan os ventos
As entradas están á venda a través de www.servinova.com, no teléfono 902 504 500 ou na Central de Espectáculos de Vigo (Velázquez Moreno, 24). As localidades teñen un prezo de 10 euros en anticipada e 12 euros no despacho de localidades.
Descargar todas as imaxes