mércores, 12 ago 2009
A Semana Grande das Festas de Vigo pechará o venres día 14 con dous concertos espectaculares, para públicos ben diferenciados. Hoxe tivo lugar a rolda de prensa de presentación dos dous últimos concertos do verán 09 e a mesma asistiron o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López; a responsable da promotora Sweet Nocturna, Raquel Seijo, e o responsable da promotora Demonio Produccións, Óscar Piñeiro.
mércores, 12 ago 2009
A exposición, que mostra esculturas en espazos públicos da cidade, simboliza a convivencia en harmonía das culturas xudía, árabe e cristiá; e distribúe as obras pola rúa do Príncipe.
mércores, 12 ago 2009
O alcalde recibiu este mércores ao axente e aos socorristas que onte auxiliaron e reanimaron a un bañista en Samil para felicitar e agradecerlles o servizo prestado nesta incidencia. Abel Caballero subliñou a "cooperación dos profesionais" de praias e desexoulle á vítima unha pronta recuperación.
mércores, 12 ago 2009
As invitacións para asistir ás visitas teatralizadas "Misterio no museo" os vindeiros días 19, 20 e 21 de agosto, están xa esgotadas, segundo anunciou este mércores o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez. Ao respecto, o edil do BNG salientou que en só dúas horas, en concreto de 8.30 a 10.30 horas, repartíronse as 150 entradas postas a disposición do público.