Escoitar

A Semana Grande das Festas de Vigo pecha con dous concertos espectaculares: Ainhoa Arteta e Coti

A Semana Grande das Festas de Vigo pechará o venres día 14 con dous concertos espectaculares, para públicos ben diferenciados. Hoxe tivo lugar a rolda de prensa de presentación dos dous últimos concertos do verán 09 e a mesma asistiron o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López; a responsable da promotora Sweet Nocturna, Raquel Seijo, e o responsable da promotora Demonio Produccións, Óscar Piñeiro.

mércores, 12 ago 2009
1250082468arteta.JPG
O concelleiro fixo un repaso polos tres días que aínda quedan por diante para pechar as Festas e animou a todas e todos os vigueses a participar nas moitas actividades que están en marcha na cidade dende hoxe e ata o venres (Castro cativo, concertos de Vigofolk, o cine na Praza da Estrela, as actuacións da Praza da Constitución, os concertos de Leonard Cohen e, por suposto os de Ainhoa Arteta e Coti (máis Ondina e Arkanos) que baixarán o telón da Semana Grande. Xesus López destacou que "ata agora pasaron máis de 130.000 persoas polas actividades celebradas ata agora e aínda nos quedan tres días cunha programación intensa, polo que todo esto nos permite dicir que estamos ante as mellores festas da historia de Vigo e as mellores deste ano de Galicia".

O máximo responsable do departamento de Cultura do Concello, fixo un repaso pola biografía de Coti e recordou esa canción cantada por todos "Nada de eso fue un error", así como outros éxitos do artista arxentino que o levaron ao número 1 das listas en numerosas ocasións. Coti presentará o seu quinto traballo en Vigo, "Malditas canciones" que, según explicou o promotor do concerto Óscar Piñeiro "é moito máis roquero que os anteriores". Por iso, a luz e o son terán unha gran importancia nesta actuación, que se celebrará no Peirao de Trasatlánticos a partir das 22:30 horas e que contará con Ondina e Arkanos como teloneiros. As localidades seguen á venda na Central de Espectáculos, a través de Servinova ou en Discos Elepé, a 12 euros en venda anticipada e 15 no despacho de localidades no mesmo Peirao o día do concerto.

Ainhoa Arteta. E no auditorio de Castrelos, actuará a soprano Ainhoa Arteta, pero nunha faceta descoñecida, xa que presentará o seu primeiro disco "La vida", no que interpreta grandes éxitos da música popular de todas as épocas. O repertorio está composto por versións de temas como La Vida, de Silvio Rodríguez; Love me tender, de Elvis Presley, Tears in heaven de Eric Clapton, Michelle dos Beatles ou Ne me quitte pas de Jacques Brel.

Raquel Seijo, representante da promotora que trae á artista, destacou que Arteta "só realizará tres concertos en España e sempre en lugares moi especiales, o que da unha idea do que significa para ela o concerto de Vigo e o que lle pareceu o escenario, o auditorio de Castrelos. "É un espectáculo moi completo e permitirá que unha voz lírica como a de Ainhoa Arteta chegue ao gran público, non só a un sector moi reducido como é o habitual". Con respecto as "curiosidades", ambos artistas non pediron nada especial, moito máis alá de "comida dietética" no caso de Ainhoa ou "polbo e empanada" no caso de Arkanos.
Descargar todas as imaxes