Escoitar

Leonard Cohen encherá o xoves Castrelos nun concerto que levantou enorme expectación

O cantante Leonard Cohen reunirá no parque de Castrelos a 25.000 espectadores, según os datos que manexa a organización: "É o auditorio máis grande posible, porque as gradas son moi grandes e ata o pazo se pode escoitar perfectamente, polo que haberá seguro 25.000 espectadores". Así o aseguraron na rolda de prensa de presentación do concerto estrela da Semana Grande das Festas de Vigo, o tenente de alcalde do Concello de Vigo, Santi Domínguez; o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López; e o promotor Bibiano Morón.

martes, 11 ago 2009
1249997206cohen.JPG
Santi Domínguez quixo aproveitar esta rolda de prensa para facer balance das Festas 09 e asegurou que "estamos tremendamente satisfeitos, non só polo programa senón pola resposta do público nos diferentes escenarios. Polos datos recollidos pola xente da organización e os propios medios de comunicación xa pasaron unhas 130.000 persoas polas diferentes actividades". Por Castrelos pasaron unhas 40.000 persoas, polos concertos da praza da Constitución unhas 15.000; en Castro Cativo (con cheos diarios), aproximadamente 7.000; no Peirao de Trasatlánticos, unhas 10.000 persoas; pola Praza de Compostela, máis ou menos 5.000 espectadores; o Festiclown chegou a máis de 35.000 espectadores con todos os seus espectáculos e animación na rúa, aproximadamente a 5.000 persoas. E sen contar os datos do Circo Acuático, que tamén está alcanzando un enorme éxito, ou o ciclo de cine que comezou o luns.

O tenente de alcalde agradeceu a resposta da cidadanía polo seu refrendo ao "programa de festas, xa que grazas a iso podemos estar falando das mellores festas de Vigo da historia". Domínguez rematou animando ás e aos vigueses e visitantes a aproveitar estos últimos días de actuacións.

Precisamente no penúltimo día das Festas teremos o concerto máis esperado do verán, o de Leonard Cohen, no que se esgotaron as localidades en pouco máis de 48 horas e por iso animan á xente que vaia acudir ao espectáculo a acudir de forma escalonada para evitar aglomeracións. As portas abriranse ás 20:30 horas.

O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López, fixo un percorrido pola biografía e discografía do cantaautor e asegurou que "Leonard Cohen nos fará pasar unha noite inolvidable, facendo un repaso por temas míticos, que nos son familiares a todos, maiores e novos".

Curiosidades
Pola súa parte, Bibiano Morón foi o encargado de facer un repaso polas curiosidades que acompaña a todo artista. Neste caso, Cohen viaxa con cociñeiro e catering, mentras que a organización está obligada a poñerlle a súa disposición unha cociña". Asimismo, pediu uns viños, pero en medio "aparecerá un bo viño do sur, un albariño por exemplo".

O promotor volveu a destacar que as festas de Vigo son as mellores de Galicia, "e non só de Galicia", e agradeceu o traballo, comprensión e colaboración do Concello de Vigo, en concreto da Concellería de Cultura, para acadar unhas contratacións tan complicadas.
Descargar todas as imaxes