Escoitar

O alcalde anuncia que a superficie dos aparcadoiros de Jenaro de la Fuente e Castelao será de granito

A Xunta de Goberno Local aprobou a redacción do cambio da superficie dos dous aparcamentos, que pasarán a contar con granito nas beirarrúas en lugar do terrazo que estaba previsto. O alcalde asegurou que modifícase os materiais para homoxeneizar as zonas coas humanizacións, pois "todos os cidadáns de Vigo son de primeira".

luns, 10 ago 2009
1249908846aparcamiento.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, adiantou este luns que a superficie dos aparcadoiros en construción de Jenaro de la Fuente e Castelao pasará a ser de granito -e non de terrazo, como estaba previsto-, para que "todos os cidadáns de Vigo sexan de primeira".

A Xunta de Goberno Local cambia así os materiais da superficie, para homoxeneizalo coas humanizacións sen distinguir entre o centro da cidade, o casco urbano, os barrios e as parroquias.

Así, Abel Caballero indicou que o terrazo previsto para a zona ten un custo de 15 euros por metro cadrado, mentres que o granito que finalmente será instalado ten un valor de 65 euros por metro cadrado. "Nesta cidade todo o mundo é igual", é a "filosofía política" do goberno local, segundo explicou o alcalde.
Descargar todas as imaxes