O Concello subvenciona con 15.000 euros as actividades da FGederación de Peñas "El Olivo"
O alcalde, Abel Caballero, e o presidente da Federación, Balbino Moreira, asinaron este luns o convenio, polo que o Concello destina 15.000 euros a apoiar o financiamento dos gastos de xestión e organización das actividades previstas, principalmente de carácter deportivo, cultural e recreativo.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asinou este luns co presidente da Federación de Peñas "El Olivo", Balbino Moreira, un convenio de colaboración polo que o Concello achega 15.000 euros para a organización e desenvolvemento das actividades da entidade.
O obxecto do convenio é cofinanciar os gastos de xestión e organización das actividades previstas; o Concello apoia así a estrutura organizativa da Federación, a edición da revista Anuario, a celebración da Festa das Peñas e do XXV Trofeo Cidade de Vigo de Xogos de Mesa.
Descargar todas as imaxes