martes, 11 ago 2009
O cantante Leonard Cohen reunirá no parque de Castrelos a 25.000 espectadores, según os datos que manexa a organización: "É o auditorio máis grande posible, porque as gradas son moi grandes e ata o pazo se pode escoitar perfectamente, polo que haberá seguro 25.000 espectadores". Así o aseguraron na rolda de prensa de presentación do concerto estrela da Semana Grande das Festas de Vigo, o tenente de alcalde do Concello de Vigo, Santi Domínguez; o concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, Xesus López; e o promotor Bibiano Morón.
martes, 11 ago 2009
Abel Caballero entrevistouse este martes con representantes das asociacións veciñal, cultural e de montes de Valadares, reunión na que acordaron as liñas de actuación municipal na parroquia. O alcalde informou que urbanizaranse e asfaltaranse distintas rúas, humanizarase a Estrada á Igrexa, ampliarase o Centro Cultural e habilitarase un espazo para o deporte dos maiores.
martes, 11 ago 2009
O museo Quiñones de León acollerá a visita teatralizada "Misterio no museo" os vindeiros días 19, 20 e 21 de agosto, segundo anunciou este martes o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez. Ao respecto, o concelleiro nacionalista adiantou que esta iniciativa "é o primeiro experimento dun proxecto que se vai desenvolver ao longo do vindeiro ano".
martes, 11 ago 2009
O Trofeo Cidade de Vigo de balonmán masculino volve a escena este venres (21.00 horas, As Travesas) cun partido que significará o primeiro ante os seus siareiros do Pilotes Posada, equipo vigués da Liga Asobal, segundo anunciou este martes o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso.
martes, 11 ago 2009
Os representantes vigueses nos Xogos Mundiais de Policías e Bombeiros que acaban de disputarse en Vancouver, Canadá, superaron todas as expectativas conseguindo un total de 12 metais -3 de ouro, 7 de prata e 2 de bronce-. Os participantes vigueses salientaron que acudiron á cita cun equipo reducido pero os resultados foron "sobresaíntes".