O Quiñones de León organiza as visitas teatralizadas "Misterio no museo" os días 19, 20 e 21 de agosto
O museo Quiñones de León acollerá a visita teatralizada "Misterio no museo" os vindeiros días 19, 20 e 21 de agosto, segundo anunciou este martes o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez. Ao respecto, o concelleiro nacionalista adiantou que esta iniciativa "é o primeiro experimento dun proxecto que se vai desenvolver ao longo do vindeiro ano".
O concelleiro de Patrimonio Histórico explicou que a representación é a "recreación dunha historia que acontece no pazo", que se inicia no seu vestíbulo e que se desenvolve en diversas estancias co obxectivo de dar a coñecer o museo. Eudosio Álvarez sinalou asemade que as visitas terán lugar en dúas quendas diarias, ás 20.30 e ás 22 horas. Lembrou que xa con motivo da noite de San Xoán se levou a cabo unha iniciativa similar, que acadou un gran éxito entre os colectivos que a visitaron.
"Achegar os contidos dos museos facéndoos atractivos é a mellor forma de que se coñezan", salientou o concelleiro do BNG na presentación da proposta, na que tamén participaron os integrantes da agrupación teatral encargada de levala a cabo, "Cada día peor". Neste sentido, Álvarez destacou a "gran calidade" dos actores e o seu esforzo por interactuar co público. "Temos que seducir aos visitantes e manter o seu interese", engadiu.
Na visita treatalizada, que terá como escenario os anos vinte do século XX, María Chamadoira interpretará o papel da marquesa, Antón Veiga será o mordomo, Carlos Tresandi o detective Nogueira e Iván Rodríguez o axudante. En representación de todos eles, Carlos Tresandi agradeceu o esforzo do Concello de Vigo e en concreto do concelleiro de Patrimonio Histórico "polo seu esforzo por achegar a cultura á cidadanía".
Para asistir á visita teatralizada é preciso recoller as invitacións na Concellería de Patrimonio Histórico mañá mércores 12 de agosto, o xoves 13 e o venres 14, en horario de 8.30 a 13.30 horas.
Descargar todas as imaxes