Escoitar

Abel Caballero eloxia a "cooperación e colaboración" da Policía e os socorristas no salvamento dun bañista en Samil

O alcalde recibiu este mércores ao axente e aos socorristas que onte auxiliaron e reanimaron a un bañista en Samil para felicitar e agradecerlles o servizo prestado nesta incidencia. Abel Caballero subliñou a "cooperación dos profesionais" de praias e desexoulle á vítima unha pronta recuperación.

mércores, 12 ago 2009
1250082003samil.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, eloxiou este mércores a "cooperación e colaboración" mostrada pola Policía Local e os socorristas no salvamento a un bañista afogado onte na praia de Samil.

O alcalde valorou positivamente que os distintos equipos de salvamento estiveron preparados e actuaron, alertados por un axente da policía local que atopábase fóra de servizo disfrutando do día de praia.

Segundo explicou Abel Caballero, o axente deu aviso do afogamento do bañista e o retirou ata a arena. Foi alí onde entraron en funcionamento os servizos da Cruz Vermella na reanimación e traslado da vítima nunha ambulancia medicalizada.

O alcalde eloxiou a "cooperación dos profesionais" dos servizos de praias nesta incidencia, agradeceulles o servizo prestado e desexou unha pronta recuperación ao bañista, ingresado actualmente na UCI dun hospital vigués.
Descargar todas as imaxes