Escoitar

O alcalde subliña a "consolidación" dos cruceiros en Vigo na escala inaugural do Celebrity Equinox

O alcalde, Abel Caballero, e o tenente de alcalde, Santi Domínguez, participaron este mércores no intercambio de metopas por mor da escala inaugural do Celebrity Equinox en Vigo. Ambos mandatarios municipais ofreceron o total apoio do Concello para ampliar a oferta de cruceiros na cidade.

mércores, 12 ago 2009
1250081965crucero.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o tenente de alcalde, Santi Domínguez, acudiron este mércores á Estación Marítima por mor da escala inaugural do Celebrity Equinox na cidade, onde o rexedor salientou a "consolidación" da cidade no turismo de cruceiros.

Abel Caballero felicitou e agradeceu á navieira e aos consignatarios o esforzo para conseguir esta escala e ofreceu á empresa todo o apoio municipal para ampliar a oferta de cruceiros en Vigo. O alcalde destacou asemade a "dimensión turística e cidadá" deste turismo e a súa "gran importancia" para a cidade.

O tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Santi Domínguez, afirmou que "de novo se pon de manifesto que Vigo vai gañando enteiros como cidade turística". "Temos que pensar que coa posta en marcha do Plan de Competitividade Turística e a Vigo Convention Bureau, a cidade ten aberto un tremendo horizonte para que o noso sector turístico e hosteleiro sexa un claro referente", salientou Santi Domínguez no transcurso da visita.
Descargar todas as imaxes