O voitre leonado "Vigo" deixa VigoZoo para incoporarse á Fundación da Conservación do Voitre en Mallorca

mércores, 23 mar 2011

"Vigo" naceu en cautividade en VigoZoo -dentro do programa municipal de recuperación de especies- onde criouse ata este mércores, cando partiu cara a Mallorca para formar parte da campaña para a recuperación deste animal levado adiante pola Fundación para a Conservación do Voitre. Tras o seu paso polas Illas Baleares, "Vigo" atopará o seu fogar definitivo en Bulgaria, onde convivirá con outros exemplares para preparalos para a liberdade. É a primeira vez que VigoZoo participa con éxito nun proxecto deste tipo con aves rapaces.

A Concellería de Medioambiente levou a 300 persoas á ruta do Foxo do Lobo

luns, 21 mar 2011

O departamento que dirixe a socialista Chus Lago levou onte domingo a unhas 300 persoas a percorrer a ruta do Foxo do Lobo, na Serra do Suído, un dos novos traxectos programados da actual edición do "Camiño a Camiño". O percorrido, de alta intensidade, prolongouse durante 12 quilómetros nos que os participantes poideron aprender sobre a conservación e perigo de extinción do lobo gris na Península Ibérica.

O programa da Concellería de Medioambiente "Vigo Camiño a Camiño" completou onte domingo a senda íntegra da auga

luns, 14 mar 2011

A iniciativa da Concellería de Medioambiente que dirixe a socialista Chus Lago completou onte domingo a senda de auga, con máis de 450 persoas inscritas. Os 12 quilómetros entre Pazos de Borbés e o encoro de Eiras finalizou co trazado iniciado nos dous domingos anteriores de 42 quilómetros. Trátase da primeira vez que o programa "Vigo Camiño a Camiño" percorre íntegra esta senda da auga.

O prazo para estas rutas do "Camiño a Camiño" ábrese o vindeiro luns, 7 de marzo

Comeza o prazo de inscripción para a "Pequeruta polo Lagares" e a "Ruta do Foxo do Lobo"

venres, 4 mar 2011

"Na pequeruta polo Lagares", que se celebra o 12 de marzo, será preciso facilitar os datos dos rapaces telefonicamente no 010 pero tamén entregar o día da saída un consentimento informado. "Na ruta do Foxo do Lobo" haberá que preinscribirse no 010 ata o 11 de marzo. Os preinscritos deberán asistir a unha reunión informativa que terá lugar en Vigozoo o 15 de marzo. O programa "Camiño a Camiño" é unha iniciativa da Concellería de Medioambiente que dirixe Chus Lago.

VigoZoo conta desde este martes cun planetario

martes, 22 feb 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Medioambiente, Chus Lago, visitaron hoxe martes a nova instalación do parque de A Madroa, coa participación duns cen nenos e nenas. Os rapaces visitaron a cúpula co alcalde e a edil, ademais de atender a unha pequena charla divulgativa e visitar as instalacións de VigoZoo.

Os participantes visitarán as Covas do Rei Centolo, O Foxo do Lobo na Serra do Suído e a Ruta completa da Auga, entre outras

Chus Lago presenta a edición máis innovadora do Camiño a Camiño

venres, 18 feb 2011

O vindeiro 27 de febreiro, a Concellería de Medio Ambiente que dirixe Chus Lago inicia a séptima edición do Camiño a Camiño, programa de educación ambiental que se consolida ao cuarto ano da súa posta en marcha. Un total de 19 actividades de educación ambiental, das que 13 son de nova incorporación, compoñen esta nova edición do programa con maior éxito de participación da Concellería, que ofrece prazas para máis de 4.000 persoas. Desta volta, Medio Ambiente planifica saídas específicas para nenos e nenas, en colaboración con VigoZoo, ademais de retomar as exitosas rutas nocturnas ou as visitas ás Illas Cíes, entre outras.