xoves, 6 nov 2003
"Panleucopenia felina" é o diagnóstico do informe anatomopatolóxico realizado á cría de lince que falecía a semana pasada no zoolóxico. O informe presentou esta mañá o xerente do parque ós membros do consello de administración do Organismo Autónomo Municipal Parque das Ciencias Vigozoo.
venres, 31 out 2003
A cría do lince que desde fai sete meses formaba parte dos habitantes de Vigozoo faleceu na tarde de onte xoves. O corpo de Gobi, que así foi bautizado, foi trasladado ao Hospital Clínico Veterinario de Lugo, onde se lle practicará unha necropsia.
venres, 24 out 2003
A concelleira de Medio Ambiente; María Xosé Porteiro, ven de presentar a posta en marcha de aulas de medio ambiente que se organizan conxuntamente coa Federación de Asociacións de Veciños. O obxectivo é facer un traballo de campo polas distintas parroquias de Vigo, a partir das asociacións veciñais, no que se estudie a flora, fauna, paisaxe, clima e etnografía de cada territorio.
xoves, 11 set 2003
A Concellería de Medio Ambiente organiza uns actos co nome Semana Azul cos que finaliza a tempada de praias e mediante os que se quere agradecer e recoñecer todas as accións dirixidas a preservación do medio, ben sexa, dunha forma individual e anónima, ou mediante colectivos (representados polas agrupacións, asociacións, voluntarios ou escolares).
martes, 1 xul 2003
O Laboratorio municipal analizou a última mostraxe realizada na praia de Mende, en Teis, e os datos demostran que mellorou de xeito considerable xa que obtivo a cualificación de aceptable. O Concello xa retirou o panel informativo que recomendaba non bañarse nesa praia causado polo crecemento bacteriolóxico.
venres, 27 xuñ 2003
O Laboratorio municipal recomenda non bañarse na praia de Mende ata a obtención de novos resultados analíticos positivos. Os areais do Vao, Toralla, Canido, O Portiño, Tombo do Gato, Argazada, Samil e Calzoa presentan excelentes condicións para o baño segundo se desprende da última mostraxe realizada.
venres, 20 xuñ 2003
A concelleira de Medio Ambiente, María Xosé Porteiro, asistiu ao acto de entrega en Santiago de Compostela das distincións europeas conseguidas para os areais do Vao, Argazada, Tombo do Gato, A Punta e Canido. A Federación europea de educación ambiental concédelles as bandeiras azuis a aqueles concellos nos que se realiza un esforzo especial para o mantemento, limpeza e xestión das súas praias en consonancia co respecto polo contorno.
xoves, 19 xuñ 2003
A responsable de Medio Ambiente, María Xosé Porteiro, recolle o venres 20 de xuño as distincións concedidas pola Federación europea de educación ambiental a aqueles concellos nos que se realiza un esforzo especial para o mantemento, limpeza e xestión das súas praias en consonancia co respecto polo contorno.
mércores, 4 xuñ 2003
Cotogrande acolle a segunda edición do Salón Internacional de Medio Ambiente e Equipamento Municipal (SIMEM) que se celebrará ata o próximo sábado e conta coa colaboración do Concello. Á inauguración asistiron os concelleiros de Medio Ambiente, Parques e Limpeza en funcións, Amador Fernández, Henrique Vieitez e Isaura Abelairas, respectivamente.
luns, 2 xuñ 2003
A Fundación Europea de Educación Ambiental concedeulles bandeiras azuis aos areais do Vao, Argazada, Tombo do Gato, A Punta e Canido. O esforzo do dispositivo do Goberno municipal, dos mariñeiros e voluntarios non conseguiu manter a distinción europea para a praia de Rodas, en Cíes, afectada pola marea negra.