O concelleiro explicoulles as actuacións que se están a executar e puxo maio de prazo para o seu remate

José Manuel Figueroa visitou a EDAR Lagares xunto aos veciños afectados

venres, 18 mar 2005

O concelleiro de Urbanismo e Medio Ambiente, José Manuel Figueroa, xunto con técnicos do Concello e da empresa Aqualia e unha representación dos veciños afectados visitaron o venres ás oito da mañá as obras da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Lagares.

Controlado un verquido de fuel no río Lagares

venres, 18 mar 2005

Un verquido de fuel no río Lagares procedente das instalacións da antiga empresa Álvarez foi controlado no día de onte, 17 de marzo, por empregados dos departamentos de Limpeza de Praias e de Medio Ambiente, en colaboración coa empresa especializada Hisanta. A actuación deste persoal evitou un desastre medioambiental.

Vigo recolle sete bandeiras azuis

mércores, 23 xuñ 2004

A concelleira Lucía Molares recolle esta tarde en Santiago as sete bandeiras azuis concedidas para os areais de A Punta, O Vao, Argazada, Samil, Rodas (Illas Cíes), O Tombo do Gato e Canido. A Federación Europea de Educación Ambiental concedelles as bandeiras azuis a aqueles concellos nos que se realiza un esforzo especial para o mantemento, limpeza e xestión das súas parias en consonancia co respecto polo contorno.

O areal de Samil e o de Rodas, en Cíes, recuperan esta distinción

Sete praias de Vigo acadan a bandeira azul da Fundación Europea de Educación Ambiental

mércores, 2 xuñ 2004

Samil, Rodas, A Punta (Teis), O Tombo do Gato, Argazada, O Vao e Canido serán as praias viguesas distinguidas coa bandeira azul que concede a Fundación Europea de Educación Ambiental. A falla da inspección final que realizan responsables deste organismo, este ano son sete os areais vigueses con esta distinción.